Obradoiro de arqueoloxía

A mocidade participante coñecerá e vivirá en primeira persoa como se traballa en Arqueoloxía. Comezarase comprendendo como se localiza un xacemento arqueolóxico, realizarase unha escavación clonada de xacementos reais, onde aparecerán pezas orixinais ou réplicas indistinguibles das reais. Como detectives do pasado, o alumnado fará unha interpretación do acontecido alí, datando os materiais coa técnica do C14 (carbono 14) e tamén realizando un exame forense dos ósos humanos antigos. Estas son algunhas das actividades deste obradoiro, cheo de leccións prácticas e divertidas sobre os coñecementos que nos achega a arqueoloxía.

 

Data: Sábado 18 de novembro

Horario: de 11.30h a 13.30h

Idade: A partir de 12 anos.

Lugar: Espazo PrazaCultura de Goián

Prezo: 10 €