As persoas asistentes poderán escoller o tipo de pandeireta que queren facer: 9 pares, chapas recicladas… e levala para casa! O obradoiro será impartido por persoal de SANÍN PERCUSIÓN TRADICIONAL, con experiencia no deseño e fabricación de instrumentos de percusión da Galiza.
Este obradoiro é froito do amor á música tradicional.
Temporalización: Sábado 25 de maio.
Horario: de 10h a 14h
Lugar: PrazaCultura (Goián)
Prezo: 20,00€ (inclúe o material)
Duración: 4 horas.