Obradoiro de construción de pandeiretas

As persoas asistentes poderán escoller o tipo de pandeireta que queren facer: 9 pares, chapas recicladas… e levala para casa! O obradoiro será impartido por persoal de SANÍN PERCUSIÓN TRADICIONAL, con experiencia no deseño e fabricación de instrumentos de percusión da Galiza.

Este obradoiro é froito do amor á música tradicional.

 

Temporalización: Sábado 25 de maio.

Horario: de 10h a 14h

Lugar: PrazaCultura (Goián)

Prezo: 20,00€ (inclúe o material)

Duración: 4 horas.

O prazo de inscrición finalizou!