É unha actividade dirixida a persoas monitoras de tempo libre, guías de rutas medioambientais, persoas educadoras e a toda persoa interesada no mundo dos réptiles e anfibios. Farase unha introdución á herpetoloxía, unha clasificación dun hábitat determinado e unha observación e identificación de anfibios e réptiles no seu hábitat natural.