Obradoiro de Música Urbana

Este obradoiro ten como obxectivos fundamentais fomentar a conciencia crítica da mocidade, potenciar as súas competencias creativas, lingüisticas e musicais así como fomentar o seu desenvolvemento persoal e social. A actividade está dirixida á rapazada a partir de 14 anos.

O obradoiro está estruturado en 4 sesións; nas dúas primeiras falarase da produción musical e da creación de letras, procurando sempre a participación do alumnado e o seu espírito crítico. Nas dúas seguintes, as persoas participantes gravarán a súa propia canción. Esta será mesturada para a súa posterior difusión.

Data: Sábados, 7, 14, 21 e 28 de outubro

Horario: De 10.30h a 13.30h

Lugar: PRAZA CULTURA (antigo Mercado de Goián)

Idade: Mocidade a partir de 14 anos

Prezo: 15,00€