Palestra e concerto: Fillas de Cassandra

Palestra

A mocidade inscrita previamente poderá participar de balde nunha palestra organizada e levado a cabo polas compoñentes do grupo, formado polas viguesas María Pérez (1996) e Sara Faro (2001). “Que nos conecta con Lisístrata, Pandora ou As moiras? Que herdanza histórica levamos ás costas como mulleres? Algo do que sentimos ou vivimos pode explicarse a través de narrativas con máis de 2000 anos? A partir dos temas do disco Acrópole exploraranse as resonancias actuais da mitoloxía, revisando as nosas propias experiencias como mulleres para conectalas coas das heroínas clásicas a fin de reflexionar acerca da necesidade do feminismo como ferramenta de transformación e a música como posible vehículo de dito cambio”.

 

Concerto

A música tradicional galega mestúrase co pop electrónico para revisitar a mitoloxía clásica desde unha óptica feminista, pensamento que atravesa todas as súas composicións. Co lanzamento do primeiro tema o pasado 9 de setembro, Antígona, a banda xa puido presumir de actuaren no ciclo de concertos Terraceo (Vigo), no Ikfem (Tui) e no Festivala (Vilagarcía de Arousa). Este sinxelo é o primeiro adianto do álbum, Acrópole, que saiu en febreiro. O dúo é un exemplo do pulo á musica tradicional, especialmente entre a mocidade. No tradicional dos temas, están influenciados por Xosé Lois Romero e Aliboria, Leilía, Baiuca, etc. Nas harmonías traballan con referentes do barroco e, pola electrónica, teñen na cabeza a Rosalía ou a Bad Gyal. “A música tradicional é a música pop máis antiga que existe”.

Día: Sábado, 12 de agosto DÍA MUNDIAL DA MOCIDADE

Palestra: De 19.00h a 21.00h no Espazo Mercado de Goián

Concerto: 22.30h na Praza Pintor Antonio Fernández

Prezo: De balde

Para asisitir á palestra é preciso inscribirse previamente