Neste curso aprenderase a elaborar receitas veganas e sen glute dende as materias primas, como o tofu ou tempeh por exemplo, ata a preparación do prato final. Ao rematar, ás persoas terán un recetario saudábel e equilibrado para unha semana. Os obxectivos principais son ofrecer alternativas veganas e sen glute e amosar como se elaboran produtos básicos (carnes vexetais).
Data de realización: inicio no mes de novembro, martes e xoves de 18h a 19.30h.
Duración: 10 horas e media.
Requisitos de inscrición: a partir dos 12 anos.
Todos eles poden levarse a cabo en formato online, segundo o requira a situación actual excepcional por mor do coronavirus. Para que os cursos se leven a cabo será necesaria a inscrición dun mínimo de 10-15 persoas.