Os obradoiros infantís “As nosas amigas as plantas” inicia un ano máis a súa andaina nos centros educativos.

É un proxecto do Concello de Tomiño e de Acubam que vai pola súa terceira edición.

A 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrarase o vindeiro 2 e 3 de abril e os nenos e nenas de Tomiño terán un stand expositivo cos traballos levados a cabo nos obradoiros.

O Concello de Tomiño e Acubam inicia a 3ª edición do Programa Infantil “As nosas amigas as plantas” nos Centros Educativos. Os obradoiros iniciaronse o pasado martes cunha primeira sesión no CEIP Sobrada no que participaron tres aulas correspondentes ao grupo infantil de 3, 4 e 5 anos. O xoves tocoulle o turno ao CEIP Pintor Antonio Fernández e a vindeira semana tocaralle o turno ás aulas do CRA Manuel Garcés.
No proxecto participarán todos os centros educativos de infantil e primaria. Máis de 300 nenos e nenas de Tomiño se beneficiará da actividade.
A inicitiva forma parte da programación da 13ª Mostra de Cultivos do Baixo Miño que este ano se celebrará o 2 e 3 de abril no Pavillón de Goián.
O proxecto “As nosas amigas as plantas” inclúen cinco sesións nas que o alumnado aprenderá de forma lúdica-didáctica o valor do rural e do sector primario.
As sesións organízanse en torno ás seguintes actividades:
1ª sesión: plantar unha planta nunha bota en desuso que logo será exposta na 13ª Mostra de Cultivos.
2ª sesión: debuxos con legumes aproveitando que o ano 2016 foi decretado pola FAO o ano internacional das legumes.
3ª sesión: xerminación dunha legume, concretamente dun chícharo. Cada neno plantará o legume e irán observando os cambios ao longo do tempo.
4ªpuzzle de vexetais/plantas: os nenos e nenas crearán un puzzle sobre legumes caracterizadas por ser tubérculos como a pataca, a cenoura ou a cebola, de forma que o puzzle supoña relacionar o tubérculo e a parte aérea da legume que os nenos habitualmente non ven.
5ª separar/reciclar e compostar: aprendizaxe dos diferentes residuos e de como facer compost.
O Concello de Tomiño e Acubam están a traballar nesta vindeira edición da Mostra de Cultivos que voltarán cunha nova programación dirixida ao sector profesional e a público en xeral.