Palabras libres para mulleres presas

Xa sexa para difundir noticias, como xénero literario, como técnica de ensinanza de habilidades de lecto-escritura ou por simple diversión, a carta sempre foi un medio de comunicación fundamental ata a chegada das redes sociais.

 

Como institucións públicas temos que traballar para mellorar a vida privada das nosas usuarias. Con este obxectivo nace o proxecto “Palabras libres para mulleres presas”: queremos promover o intercambio de cartas entre reclusas e o mundo exterior.

 

SE ES MULLER, E TES MÁIS DE 17 ANOS, PODES PARTICIPAR!

 

As prisioneiras poderán botar a vista atrás ou ver máis alá dos muros da prisión a través dos ollos doutras mulleres. Empregando palabras as persoas poden espirse: amosar os seus sentimentos, seus resentimentos, demostrar as súas ganas de aprender, mellorar as súas habilidades sociais, adestrar a súa empatía, estrear unha nova amizade epistolar.

 

Poderán compartir fotografías de si mesmas, pinturas, poemas, libros, música. Medos. Proxectos.