O Concello de Tomiño, dentro da redacción do seu Plan de Mobilidade Sustentable, ven de pór en marcha un proceso de recollida de información sobre os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas. Para tal fin, unha das ferramentas que se emprega tanto para analizar ditos hábitos como para recibir as súas propostas e demandas vai ser este cuestionario online.