Pontes de papel

pontes-de-papel

PROXECTO INTERNACIONAL

PONTES DE PAPEL!!!

PONTES DE PAPEL trae consigo unha gran diversidade cultural e lingüística, constituíndo unha experiencia formativa de grande interese para a mocidade da nosa localidade. Poderán participar persoas de entre 16 e 35 anos de idade e, para garantir unha boa experiencia, a OMIX e as entidades de destino tratarán de encaixar as persoas segundo gustos, preferenzas, idade… para que inicien un intercambio de (non só) CARTAS MANUSCRITAS. Trátase dunha iniciativa plural e transversal que se adapta ás necesidades de cada persoa. Ademais, as xente que participe neste proxecto internacional poderá relacionarse con outras mozas e mozos empregando varios idiomas mentres se forma e informa sobre realidades ou temáticas que sexan do seu interese.

O proxecto nace cun obxectivo claro: o intercambio cultural e o enriquecemento da mocidade. Coñecer outras realidades para poder xulgar e cambiar a nosa é unha das materias pendentes que temos como sociedade. Este vínculo entre diferentes países do mundo ábrenos as portas, mais non só ao descubrimento de novas culturas e modos de vida, senón tamén a facer amizades noutros continentes.

MÉXICO, RUSIA, NOVA ZELANDA, ANGOLA, CHINA…

Para máis información ou inscrición neste no proxecto envía un correo electrónico a omix@tomino.gal ou un whatsapp ao 604 062 369.

A OMIX de Tomiño anima á mocidade a participar en PONTES DE PAPEL; en tempos de pandemia, esta proposta constitúe unha opción segura e interactiva para coñecer e descubrir novas oportunidades.

Mocidade activa sempre!

Descarga a información pulsando sobre o teu idioma:

chines
espanol
galego
ingles
portugues
ruso

FORMULARIO DE INSCRICIÓN