Programación Deportiva de Verán 2021

  • CURSO DE IOGA EN FAMILIA

    Maiores de idade

    25 €/mes
  • CURSO DE PROMOCIÓN DO PIRAGÜISMO

    De 8 a 14 anos

    20 €/total
  • ACTIVIDADE DE KAIAK EN FAMILIA

    Maiores de idade

    20 €/total
  • CAMPUS DE ATLETISMO

    Infantil

    10 €/total
  • ESCOLA DE VERÁN DE TENIS

    Infantil

    15 €/mes
  • ESCOLA DE VERÁN DE TENIS

    Adultos

    35 €/mes
  • CAMPUS DE VERÁN DE PÁDEL

    Infantil

    12 €/mes
  • CAMPUS DE VERÁN DE PÁDEL

    Adultos

    32 €/mes

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO

NOTA:

Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.

Para máis información chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal . As inscricións realizaranse a través dun formulario que estará dispoñible na páxina web; www.tomino.gal En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo.

CURSO DE IOGA EN FAMILIA

En ioga en familia o tempo transcorre entre movemento, xogo, imitación, risa, entendemento, baile, canto e calma. Momentos de actividade e recollemento síguense, para, dun xeito pouco perceptivo, acadar os obxectivos do ioga.

 

O entorno onde a actividade se desenvolve pode facela máis máxica, por este motivo o lugar escollido para levala a cabo é a fortaleza de Goián durante os meses de xullo e agosto.

REQUISITOS: Dirixido a nenos e nenas de calquera idade sempre en compañía dunha persoa adulta.

 

INICIO: xoves 1 de xullo ata o martes 31 de agosto.

 

HORARIO: martes e xoves de 12h a 13.30h.

 

PREZO: 25€/mes por persoa adulta. Menores de idade, gratis.

CURSO DE PROMOCIÓN AO PIRAGÜISMO

Impartido polo Club Deportivo Miño. O obxectivo é introducir as nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e tamén dar a coñecer o río.

Está destinado a nenos e nenas de 8 a 14 anos.

REQUISITOS: obrigatorio saber nadar, dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos.

 

HORARIO GRUPO A: os luns e mércores de 17 h a 18.30 h o 28, 30 de xuño e 5 e 7 de xullo.

HORARIO GRUPO B: os luns e mércores 17 h a 18.30 h o 19, 21, 26 e 28 de xullo.

 

PREZO: 20€.

ACTIVIDADE DE  KAIAK EN FAMILIA

Impartido polo Club Deportivo Miño. Actividade dirixida a familias e grupos de amigos/as se a situación sanitaria o permite.

 

Ruta dunha hora ou hora e media polo Miño, dependerá de como estea o río e das persoas participantes.

REQUISITOS: obrigatorio saber nadar.

 

HORARIO: os domingo 11 de xullo e  22 de agosto as 11h.

 

LUGAR: embarcadoiro de Goián.

 

PREZO: 20€. Os nenos e nenas menores de 12 anos que veñan cos seus proxenitores non pagarán.

CAMPUS DE ATLETISMO

Impartido pola Sociedade Atlética Tegra. O obxectivo é introducir as nenas e nenos asistentes nesta práctica deportiva e iniciar ao atletismo mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos).  O alumnado gozará da práctica deportiva a través do xogo e mediante a promoción da práctica da actividade física como hábito e estilo de vida saudable á vez que se fomentan actitudes de respecto, compañeirismo e convivencia entre as persoas participantes.

LUGAR: Pista de atletismo Pedro Caselles

TEMPORALIZACIÓN: primeira semana de agosto, de luns a venres. Grupos reducidos (máximo 40 prazas).

HORARIO: 

  • Primeiro grupo: de 10:oo a 11:30h –> para a infancia nacida entre os anos 2005 e 2009
  • Segundo grupo: de 11:45 a 13:15h –> para a infancia nacida entre os anos 2010 e 2015

PREZO: 10 €.

ESCOLA DE VERÁN DE TENIS PARA INFANCIA

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir ás nenas e nenos interesadas neste deporte.

Dous grupos segundo idade.

REQUISITOS: dirixido a nenos e nenas de 6 a 17 anos.

 

DURACIÓN: meses de xullo e agosto.

 

HORARIO: luns, mércores e venres:

  • De 10 a 11h –> de 5 a 8 anos
  • De 11 a 12h –> de 9 a 12 anos
  • De 12 a 13h –> de 13 a 17 anos

 

PREZO: 15€/mes por alumno/a.

ESCOLA DE VERÁN DE TENIS PARA PERSOAS ADULTAS

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir ás persoas adultas interesadas neste deporte.

REQUISITOS: persoas adultas a partir de 18 anos.

 

DURACIÓN: meses de xullo e agosto.

 

PREZO: 35€/mes por alumno/a.

CAMPUS DE VERÁN DE PÁDEL PARA INFANCIA

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir as persoas interesadas neste deporte. Ensinanza dos aspectos técnico-tácticos do deporte en todos os niveis, introducindo ao alumnado no xogo de xeito divertido, mediante exercicios de curta duración e moita variedade.

REQUISITOS: dirixido a nenos e nenas de 6 a 17 anos.

 

INICIO: a comezos de xullo.

 

DURACIÓN: meses de xullo e agosto.

 

HORARIO: martes e xoves de 10.30h a 11.30h e de 11.30 h a 12.30 h.

 

PREZO: 12€/mes por alumno/a.

CAMPUS DE VERÁN DE PÁDEL PARA PERSOAS ADULTAS

Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir as persoas interesadas neste deporte. Ensinanza dos aspectos técnico-tácticos do deporte en todos os niveis, introducindo ao alumnado no xogo mediante exercicios de curta duración e moita variedade. Este deporte axuda a fortalecer e tonificar a musculatura, así como ao desenvolvemento psicomotriz e á coordinación. Estimula a capacidade aeróbica, a axilidade, os reflexos e a velocidade.

REQUISITOS: persoas adultas a partir de 18 anos.

 

INICIO: a comezos de xullo.

 

DURACIÓN: meses de xullo e agosto.

 

HORARIO: martes e xoves de 12.30 h a 13.30h.

 

PREZO: 32€/mes por alumno/a.