Sabios, xogos e xograres: xogos medievais para os tempos actuais

A actividade consiste nunha amena presentación da obra lúdica de Afonso X, de xeito que moz@s e vell@s de agora poidan coñecer de maneira práctica o leigado do Rei Sabio no seu postreiro Libro dos Xogos: Xadrez, Dados e Táboas.

O cerne da actividade é unha achega a xogos hoxe en desuso e que nalgúns casos deron lugar a variantes de xogos hoxe ben coñecidos, coma os alquerques ou o xadrez e táboas dos catro tempos (que se pode ver na imaxe que acompaña este texto).

Haberá dispoñibles máis de trinta taboleiros que permiten xogar 2 ou 4 persoas simultaneamente en cada un.

No caso de haber quorum e dispoñibilidade física, existe a posibilidade de trasladar algúns destes XOGOS AO VIVO. Deste xeito, as persoas poden xogar en equipo e con distancias de seguridade aos mesmos xogos a que aprenderon a xogar no taboleiro.

Esta actividade está organizada polo programa de normalización lingüistica da Xunta de Galicia co que colabora a OMIX TOMIÑO.

DATAS: sábado 13 de novembro na Escola Obradoiro de Goián.

HORARIO: de 11h

PREZO: GRATIS

INSCRICIÓN: www.tomino.gal