Semana da árbore 2018

O Concello de Tomiño celebra unha nova edición da Semana da Árbore, nesta ocasión centrada na problemática das especies exóticas invasoras.

 

Ao abeiro desta semana realízase unha exposición no Mercado Municipal de Tomiño sobre ‘Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza’, realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega). Ata o 10 de xuño.

 

Ademáis, celebraranse dúas conferencias: sobre ‘As especies invasoras en Galicia’ o 7 de xuño con saída posterior para todos e todas os interesados en identificar in situ algunhas especies invasoras na ribeira do Miño, e sobre ‘A flora invasora en Tomiño’, o 8 de xuño. As dúas actividades serán no Mercado Municipal de Tomiño.