Semana da educación 2020

semana-educacion-2020

 

Por quinto ano consecutivo organizamos DE BALDE a nosa SEMANA DA EDUCACIÓN para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Participan conferenciantes que son grandes profesionais con experiencia na temática, nesta edición teremos con nós a Pepa Horno, Juan Llorca, Víctor Arufe e Lola Mondéjar. O título das xornadas é:

 

 

“As novas fronteiras de educación, unha educación sen fronteiras”

Luns 10 de febreiro ás 19h

Pepa Horno

 

 

Psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección en Espirales Consultoría de Infancia. Durante máis de vinte anos coordinou campañas estatais e internacionais para a prevención e erradicación da vlolencla contra os nenos e nenas, especialmente o castigo físico e psicolóxico no fogar e o abuso e explotación sexual infantil. Impartiu formación e supervisión técnica a profesionais do ámbito da protección infantil en máis de trinta e cinco países de Latinoamérica, sur e sueste asiáticos, Europa e no Magreb. É autora de varios libros sobre desenvolvemento afectivo e social e coordinadora de varios estudos e investigacións no ámbito da protección. Cree no valor do que fai, na posibilidade de cambio dende a consciencia e en dar voz á dor dos nenos, nenas e adolescentes.

 

CONFERENCIA

Educar sen medo

 

Dous dos aprendizaxes claves para o desenvolvemento do neno ou nena son aprender a amar ós demais, a entregarse e a confiar, pero tamén aprender a protexerse, respectarse e coidarse a si mesmo. O equilibrio entre estes dous aprendizaxes é esencial para o desenvolvemento afectivo do neno, nena ou adolescente. Como familias xogamos un papel clave en promover ese equilibrio. Na conferencia traballarase dun modo vivencial o significado de ambos aprendizaxes e as ferramentas que necesitamos dar os nosos fillos e fillas para facilitarlles ese proceso. En concreto abordaranse: a auto regulación emocional a a integración emocional como claves do benestar emocional dos nenas e nenas, como ensinarlles a transitar as emocións e o axuste emocional no vínculo afectivo.

Escoita a conferencia completa en formato podcast en iVoox ou en Spotify.

Martes 11 de febreiro ás 19h

Juan Llorca

 

 

Chef con máis de 23 anos de profesión e apaixonado da nutrición e alimentación infantil. Hai máis de 8 anos que se atopa como chef e responsable de Valencia Montessori School, primeira escola 100% Montessori en Valencia e primeira de España. Deixou de lado o seu soño de ser un gran chef ó uso, para dedicarse ó que realmente quere: chegar a ser o mellor chef para cada un dos nenos e nenas. Traballou en moitos dos restaurantes cunha estrela michelín que hai en Valencia, España e no estranxeiro, sen importarlle nada máis que ser un gran Chef. Ata que hai 11 anos decidiu dar un cambio radical a súa vida, interesándose pola nutrición.

Cambiou a súa forma de cociñar, de entender a cociña, o seu traballo, a súa alimentación e abriu o seu propio restaurante. Pero ó pouco tempo apareceu Sonia Mocholí, directora de Valencia Montessori School e deulle a oportunidade de expresar e implantar todo o que sabe, todo no que cree e todo polo que hoxe en día loita por e para unha escola. Actualmente é o creador do movemento en redes sociais #PorUnaEscuelaBienNutrida e @SOSFAMILIAS, contando cun equipo de traballo o seu lado de cociñeiros, fotógrafa, deseñadora, programador… co obxectivo de seguir crecendo ó lado de cada un deles.

Persiste sen dudar en cambiar paradigmas, coa convicción de que pode lograr que comer sexa unha experiencia saudable, saborosa e divertida.

 

CONFERENCIA

A súa alimentación é a túa responsabilidade

 

Abordaremos a tendencia actual e como é o panorama en canto á alimentación infantil no noso país, vendo os erros que hai, onde radican os principais problemas e as solucións para poder levar unha alimentación o máis correcta e saudable posible.

Escoita a conferencia completa en formato podcast en iVoox ou en Spotify.

Mércores 12 de febreiro ás 19h.

Víctor Arufe

 

 

Profesor na Facultade de Educación da Universidade de A Coruña impartindo clase ós futuros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Autor do Blog Educación, Innovación e Emprendemento (http://www.victorarufe.com) e creador da plataforma educativa EDUCA e galardonado co Premio Mellor Docente de España 2017 categoría universidade.

É editor xefe da Revista Científica Sportis dedicada á Educación Física, Psicomotricidade e Deporte en idade escolar e Director da Unidade de Investigación do Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade. lmpartiu máis de 50 conferencias en España e escribiu numerosos artigos técnicos-científicos vinculados á Educación e á Educación Física, así como a publicación de varios libros, o último “La Educación por Escenarios. Niños educados 24 horas al día 365 días al año”. Aposta solidamente polo cambio social dende o traballo da boa educación nos fogares. Considera que a educación é a base do benestar emocional e social da poboación. Confía no cambio educativo, no traballo e no esforzo das familias para a construción dos futuros adultos.

 

CONFERENCIA

Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación de nenos e nenas

 

Conferencia dirixida a familias, profesorado e toda a comunidade educativa en xeral, ademais dos profesionais que traballen con nenos e nenas. Abordarase dunha forma moi práctica, orixinal e novidosa a educación, expondo de forma sinxela as bases que deben primar na educación dos nenos e nenas, explicarase en que consiste o método de educar por escenarios. Na conferencia tamén se abordarán temas vinculados á educación en valores, variables psicolóxicas e psicosociais como autoestima, motivación, depresión…, educación para o coidado do medio ambiente, para o non consumismo, para o esforzo, o respecto ós animais, a orde, a limpeza e hixiene, o estudo e as rutinas, a práctica deportiva…

Escoita a conferencia completa en formato podcast en iVoox ou en Spotify.

Xoves 13 de febreiro ás 19h

Lola López Mondéjar

 

 

Psicoanalista, escritora e docente en seminarios e másteres universitarios. Como articulista colabora regularmente cos periódicos: La Opinión de Murcia, eldiario.es, lnfolibre e Tribuna Feminista.

Os seus intereses profesionais abarcan dende a problemática da adolescencia e os estudos de xénero ata a revisión da teoría psicoanalítica confrontada cos síntomas contemporáneos, publicando diferentes artigos en revistas especializadas. Na actualldade, compaxina a súa actividade clínica coa docencia en cursos universitarios de posgrado, conferencias, seminarios e congresos en distintas universidades.

As súas últimas novelas publicadas son: “Mi amor desgraciado”, “La primera vez que no te quiero” e “Cada noche, cada noche”, en Ediciones Siruela. Os libros de relatos: “El pensamiento mudo de los peces”, “Lazos de sangre” e “Qué mundo tan maravilloso”, na editorial Páginas de Espuma, e os ensaios: “El factor Munchausen”, “Una espina en la carne” e “Si digo agua, ¿beberé?”.

 

CONFERENCIA

Contracorrente. Educación e pensamenta crítico

 

A educación que actualmente se imparte nos nosos centros educativos non prepara ó alumnado para o futuro que nos agarda: o que se deriva da crisis medioambiental. O individuo que produce o sistema de produción do capitalismo posfordista imperante é profundamente narcisista, individualista e “baleiro”, e fronte a el, a contracorrente, o sistema educativo debería proporcionar os instrumentos para xerar unha subxectividade nova: solidaria, respetuosa co planeta e cos principios da sustentabilidade, defensora da igualdade entre os seres humanos e provista dun pensamento crítico capaz de rebelarse contra o dado.

Escoita a conferencia completa en formato podcast en iVoox ou en Spotify.