Semana da educación 2023

VIII SEMANA DA EDUCACION 2023

Por oitavo ano consecutivo organizamos DE BALDE a nosa SEMANA DA EDUCACIÓN para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Participan conferenciantes que son grandes profesionais con experiencia na temática, nesta edición teremos con nós a José Manuel López Nicolás, Eurídice Cabañes, Miriam Leirós e Nino Cervera. O título das xornadas é:

“A educación é ciencia

A educación é conciencia”

Do 6 ao 9 de febreiro 2023

Auditorio de Goian (Tomiño)