Semana do medio ambiente 2021

Tomiño Natural

 

2 a 5 de xuño

Aquí tes o programa da Semana do Medio ambiente, unha oportunidade para implicarse no coidado da natureza.

 

Tomiño aposta por mellorar o tratamento e reducir a produción de residuos. Queremos dar un novo impulso á compostaxe comunitaria e doméstica da materia orgánica para reutilizala como nutriente da terra.

 

Preocupámonos tamén pola auga. Queremos darlle un tratamento adecuado porque é un recurso escaso e imprescindible. Tomiño busca novas alternativas de mellora do saneamento tradicional e sistemas de depuración eficaces.

 

Porque é un acerto escoitar a Natureza: Tomiño Natural

 

Participa!

Da nosa man:

As traídas de auga de Tomiño

Conversa sobre:

alternativas para a depuración de augas

Conversa sobre:

a compostaxe