Semana do medio ambiente 2023

Actividades:

Para participar nos obradoiros e no roteiro é preciso inscribirse previamente (unha inscrición por cada persoa que desexe participar).

Exposición "Emerxencia climática"

Do 29 de maio ao 5 de xuño poderá visitar a exposición no mercado de Tomiño cedida polo CEIDA titulada “Emerxencia climática”.

Para máis información pode acceder a web de CEIDA

Obradoiro "Reciclamos xuntos"

Día: 3 de xuño

Hora: 11:00h

Duración: 2:30h

Experiencia mixta teórica e práctica de 2 horas e media de duración aproximadamente, que facemos da seguinte forma:

 1ª parte: Charla teórica e coloquio. (1:30h aprox.)

  • Introdución, presentación de Aventura Plástica, breve explicación do noso proceso de reciclaxe e resumo do que imos facer durante a actividade.
  • O plástico como material, cantidade de plástico que xeramos/consumimos, tempo de uso vs tempo de degradación, residuos e sistemas de xestión, degradación do plástico, microplásticos e o seu impacto na nosa saúde e no medio ambiente.
  • Posibles solucións Reducir, Reutilizar, Reciclar
  • Tipos de reciclaxe. Primario, Secundario e Terciario.
  • Tipos de plásticos, mostra unha a unha as 7 categorías principais de plásticos e explicación das súas propiedades, aplicacións, diferenzas, beneficios e riscos.
  • O noso proceso de reciclaxe; explicación detallada de como é todo o proceso dende a recollida, limpeza, selección e separación por tipos, transformación de pellet a obxecto e diferenzas entre os distintos tipos de procesamento, inxección vs. compresión.

A proxección de vídeos acompaña toda a parte teórica para reforzar a explicación do que estamos a falar.

2º parte: Práctica. (1:00h aprox.)

  • Selección e separación de residuos: Repartimos lotes de tapóns mesturados en cada mesa de resina, para que os asistentes poidan identificar o residuo en función do seu símbolo e cor do residuo. Contamos con lupas para facilitar a selección. Aquí obsérvase como non se identifica correctamente un gran volume de residuos, ademais do difícil que resulta identificar algúns dos que están marcados.
  • Transformación de residuos en obxecto: Pasamos pola máquina de inxección en grupos de 6/7 axudantes. Facemos unha mestura de pellets de cores segundo queiran os asistentes e procedemos a transformar os residuos nun obxecto diante deles, explícanse as diferentes temperaturas de fusión e o cambio de estado da materia, así como o funcionamento da máquina de inxección. Temos 2 moldes de inxección, a peonza e o pomo/manilla da porta. As inxeccións realízanse ata que pasen todos os grupos de asistentes.
Obradoiro "Xogando a reciclar"

Día: 3 de xuño

Hora: 19:00h

Duración: 45 minutos

Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público…

Neste obradoiro teatralizado, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe.

Pasamos a vida xerando lixo, practicamente todo vai envolto ou nalgún “paquete”, por iso é importante saber onde vai cada cousa. E a mellor maneira de aprender é XOGANDO E RINDO!

Unha experta en reciclaxe terá que ensinarlle ó seu novo, e torpe, axudante tódolos segredos da separación de lixo e para iso contará coa axuda do público

Roteiro "Árbores Senlleiras"

Día: 4 de xuño

Duración: De 10:00h a 12:00h aproximadamente (4,5 km)

Comezo da ruta: Sobreiras de San Roque

Fin da ruta: Embarcadeiro de Goián

Faremos un pequeno roteiro de aproximadamente 4,5 km polo Concello de Tomiño falando de cinco especies de árbores recollidas no catálogo de árbores senlleiras de Tomiño. Estas árbores denomínanse así polas súas características destacábeis como pode ser a idade, o tamaño, a beleza… e considéranse unha reliquia botánica as cales son obxecto de protección. En cada árbore falaremos da súa importancia e características e durante a ruta faremos pequenas actividades.

Moitas das especies que vamos a atopar non son típicas de zona de costa senón máis ben de zonas de alta montaña e climas secos pero Tomiño ten a peculiaridade de ter un bioclima temperado onde os invernos son suaves e os veráns secos e son características esenciais para estas árbores.

Concurso "Como mellorar a xestión do lixo no meu centro"

O Concello de Tomiño, comprometido coa xestión sostible e eficiente dos residuos, leva a cabo unha intensa labor de comunicación e sensibilización do impacto que pode producir o lixo mal xestionado. Temos que ser conscientes de que non só producimos lixo nos fogares, tamén xeramos residuos noutros lugares nos que pasamos gran parte do noso tempo: na escola, no traballo, nos espazos de reunións sociais, ect. O Concello de Tomiño pretende ampliar esta labor de concienciación e para levalo a cabo elixiu como temática do concurso da III Semana do Medio Ambiente o reto, a nivel grupal, de mellora da xestión dos residuos no centro en que o grupo realice as súas actividades. Así, o proxecto “Como mellorar a xestión do lixo no meu centro” ten como obxectivo achegar a toda a veciñanza, novos e maiores, a importancia dunha xestión do lixo adecuada, reflexionando sobre o impacto que produce o lixo no medio ambiente e facéndoos partícipes da solución.