Como cada ano, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, o Concello de Tomiño celebra a Semana do Medio Ambiente “Tomiño Natural”. Unha morea de actividades para todas as idades coas que gozar da natureza, aprender e colaborar coa preservación do medio.