18 Nov Tomiño analizará a situación actual do saneamento en concellos rurais galegos, no marco dunhas xornadas que durarán tres días
- Expertos de diferentes universidades e doutros organismos abordarán a realidade de municipios con núcleos dispersos, como é o caso de Tomiño
- As conferencias celebraranse os días 22, 23 e 24 de novembro na Casa da Cultura
Os días 22, 23 e 24 de novembro, expertos de distintas universidades e doutros organismos relacionados co tema da depuración de augas e saneamento, analizarán en Tomiño a situación de municipios con núcleos dispersos, como é o caso de Tomiño.
Organizadas polo Concello de Tomiño, as I Xornadas de Saneamento e Depuración de Augas, terán lugar na Casa da Cultura de Tomiño, en horario de 20.00 a 22.00 horas.
Ao longo deste tres días, os técnicos falarán tamén de sistemas de depuración autónomos mediante tanques ou fosas sépticas; solucións individuais e para pequenas poboacións; sistemas de depuración alternativos baseados en plantas; humidais artificiais, ecolagoas, etc.
María Xosé Vázquez, concelleira de Medio Ambiente, explica que un dos obxectivos principais destas xornadas é reflexionar sobre a situación do saneamento en Galicia e a problemática en concellos rurais con hábitat disperso, con especial atención á situación de Tomiño. Analizar problemas de pozos negros e fosas sépticas obsoletas ou deficientes, e alternativas para pequenas poboacións e hábitats dispersos, son outros dos obxectivos deste ciclo de conferencias, a cargo de profesionais especializados nestes temas, que relatarán tamén diferentes experiencias.
PROGRAMA
SESIÓN 1. Día martes 22 de novembro.
Tema: A situación actual do saneamento e depuración en Concellos rurais galegos. O caso de Tomiño.
Poñentes:
o David Hernández Oubiña. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Técnico de Augas de Galicia e profesor asociado da Universidade da Coruña (UDC).
o Joaquín Suárez López. Doutor e Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Investigador do GEAMA (Grupo de Enxeñaría da auga e do Medio Ambiente), e profesor titular da UDC.
o Marián Lago Torrado. Responsable de Aqualia en Tomiño.
SESIÓN 2. Día mércores 23 de novembro.
Tema: Depuración autónoma mediante tanques/fosas sépticas. Solucións individuais e para pequenas poboacións.
Poñentes:
o Miguel Ángel Torres. Técnico da empresa Pru Sistema de depuración de augas residuais.
SESIÓN 3. Día xoves 24 de novembro.
Tema: Sistemas de depuración alternativos baseados en plantas. Humidais artificiais e Fitodepuración/ecolagoas.
Poñentes:
o Javier Santiago Díaz. Enxeñeiro Forestal. Especialista en sistemas de Ecolagoas.
o David de la Varga. Especialista en humidais artificiais. Proxecto Sedaqua spin-off da UDC.