Xornadas Feministas

banner-sornadas-feministas

O feminismo como movemento emancipador e de transformación social, emprego e emprendemento, autonomía persoal, sororidade, empoderamento, asociacionismo feminino e redes de apoio… unhas xornadas multidisciplinares, teóricas e prácticas, impartidas por expertas nos distintos ámbitos. Actividade organizada en colaboración coa Oficina Municipal de Igualdade.

 

  • Datas: do 23 ao 27 de setembro
  • Lugar: Salón de plenos do Concello
  • Dirixido a mozas preferentemente de 16 a 30 anos
  • Prazas limitadas

Dispoñemos de servizo de gardería gratuíto para esta actividade. Pode solicitalo no formulario de inscrición.

Programa

Luns 23 de setembro

ASOCIACIONISMO DE MULLERES E FEMINISTA: DA EXPERIENCIA INDIVIDUAL Á ACCIÓN COLECTIVA”, a cargo de:

 

– Nanina Santos Castroviejo: escritora, musicóloga, integrante do consello de redacción da Revista de pensamento feminista Andaina e histórica do movemento feminista galego.

– Representante da Federación Mujeres Jóvenes.

– Andrea Barreira: escritora, integrante do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colaboradora habitual da Libraría de Mulleres Lila de Lilith.

Martes 24 de setembro

Obradoiro: IDENTIDADE FEMININA E A EQUIDADE ENTRE HOMES E MULLERES e unha conferencia sobre a AUTOESTIMA E IDENTIDADE PERSOAL. DA REVOLUCIÓN FEMININA Á CONSTRUCIÓN SOCIAL a cargo de:

 

Paula Suárez Gullón, Directora de Positivando Gabinete psicopedagóxico, Delegada en Galicia ECAI Balbalika, Socia Colaboradora TDAH Salnés, Secretaria de Empresarias Galicia, Directora e Presentadora do Programa “De Viva Voz”.

 

Conferencia de Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía e xerente de Talentea, sobre A DIFERENCIACIÓN COMO EIXO DE ACCIÓN NA PROCURA DE EMPREGO.

Mércores 25 de setembro

Obradoiro: ESTIMULACIÓN DA CREATIVIDADE ENFOCADA AO PROCESO DE PROCURA DE EMPREGO a cargo de Fátima Rodríguez Marcos.

 

Obradoiro: “Xogo – un camiño de aprendizaxe, expresión e empoderamento. / A través do teatro de obxectos”, realizado por Alba Grande e Andrea Borda.

Xoves 26 de setembro

Presentación do libro “MATERNOFOBIA. RELATO DE UNA GENERACIÓN ENFRENTADA A LA MATERNIDAD”.

Conferencia sobre a AUTOESTIMA E EXPECTATIVAS INCUMPLIDAS: A NOVA ENFERMIDADE DAS MULLERES.

Proxección da curtametraxe “FEMINAZI”.

 

A cargo de Diana López Varela, periodista e escritora, autora de “No es país para coños”, directora da curtametraxe “Feminazi” e colaboradora en diversos medios de comunicación entre outras cousas.

Venres 27 de setembro

OBRADOIRO PRÁCTICO PARA A CREACIÓN E XESTIÓN DE ASOCIACIÓNS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO a cargo de:

 

– Ania González: avogada experta en dereito da cultura e crítica cultural, Especialista en Teoría Crítica do Discurso, Museoloxía, Imaxinación Política e Feminismos. Colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión e como crítica de arte con Babelia-El País.

– Rafael Anido: avogado e dinamizador cultural. Membro do equipo do espazo autoxestionado Nave 1839 ( A Coruña) e músico colaborador en diferentes espazos autoxestionados.

Formulario de inscrición