13 Feb 2015 O Festival Taíña chega a súa 12ª edición con disco colectivo

A Asociación Xuvenil Taíña organiza o evento coa colaboración do Concello de Tomiño. As actuacións comezarán ás 11 da noite na Praza de Goián

 

A Asociación Xuvenil Taíña, de Goián, organiza a 12ª edición do festival do mesmo nome, que terá lugar o sábado 14 de febreiro, na praza da vila, a partir das 11 da noite.

Esta vez está confirmada a actuación estelar do grupo suízo de música reggae “Elijah”. Tamén estará (por 2ª vez) “Collón de Lola”, banda que fai versións das cancións do programa Xabarín Club, e o conxunto de música Ska “Maskarpone”, de Ourense, que completará o cartel deste singular festival, que se fai coincidir coas tradicionais festas de Entroido de Goián.

Unha novidade moi importante desta 12ª edición é a edición dun disco con 18 temas de grupos amigos, coma os arxentinos “Pollera Pantalón” e “Hijos del Vinilo”; os brasileros “Reggae A Semente” e “Nova Raíz”, así coma outros procedentes de Chile, Suíza, Barcelona, Madrid, Málaga, Galicia, etc.

Tania Domínguez, presidenta de Taíña agradece a colaboración desinteresada de todos estes músicos amigos, que fan posible que a xente da zona coñeza ritmos e estilos de diferentes estilos.



X