Tomiño conmemora o Día das Letras Galegas con obradoiros, concertos e feira do libro Todos os actos e actividades terán lugar o venres 17 de maio na Praza do Seixo, a partir das dez da mañá

O Concello de Tomiño organiza co apoio do grupo de voluntariado municipal, unha serie de actividades lúdicas e educativas para conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio), dedicado este ano ao escritor, historiador e xeógrafo Antón Fraguas.
Todos os actos e actividades terán lugar o venres 17 de maio na Praza do Seixo, a partir das dez da mañá:
– Obradoiros dixiridos a nenas e nenos, de 10.00 a 14.00h, organizados polo grupo de voluntariado local.
– Concerto da Agrupación Musical de Goián, ás 12.30h.
– Feira do libro, de 10.00 a 20.00h, con desconto dun 30% na venda de libros en galego.