25 Abr O Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño, reunirá na súa 11ª edición, a unha decena de grupos de música tradicional O evento, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, terá lugar na Casa da Cultura, o vindeiro sábado, a partir das cinco da tarde
O Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño chega a súa 11ª edición. Para celebralo, as asociacións O Árbore e Xanela reunirán, o vindeiro sábado 28 de abril, entre as 17.00 e 21.00 horas, unha decena de grupos de música tradicional; entre eles, Airiños Novos de Pinzás, Coro Orballo de Currás, Pandereteiras de Sobrada, Pandereteiras do Aloia, Grupo de Acordeóns de Forcadela, Grupo Folclórico Cacharela de Taborda e Coro Cantares de Tebra.
Organizarase ademais unha exposición de pintura.
Serafín Rodríguez Barreiro, presidente da Federación, explica que este décimo primeiro encontro ten coma obxectivo principal, que o traballo das diferentes asociacións e grupos se coñeza. “A nosa prioridade é tratar que os veciños se reúnan periodicamente para intercambiar puntos de vista e ver o traballo dos demais, e con iso, fomentar a boa convivencia entre todas as entidades”, comenta.
Programa: (Casa da Cultura de Tomiño – Sábado 28 de abril):
17:00h Presentación
17:15h Cantares de Tebra “Monte Tetón”
17:45h Airiños novos de Pinzas
18:00h Coro “ Orballo de Currás”
18:20h Acordeonistas de Tomiño
18:40h Pandereteiras de sobrada
19:00h Pandereteiras do Aloia
19:20h Cacharela de Taborda
19:40h Degustación viño local
Exposición de Pintura: dende as 17:00 ás 20:00 horas.