02 Nov Os Bolechas chegan a Tomiño cunha exposición moi especial A mostra "GATIÑOS, GHATIÑAS, GATÍOS: xeitos de falarmos o galego" poderá visitarse na Praza do Seixo até o día 15 de novembro.
Os Bolechas chegan a Tomiño! Fanno cunha exposición de balde na que ensinarán as diferentes variedades dialectais do galego dun xeito multisensorial, pedagóxico e divertido. Na Praza do Seixo do 5 ao 15 de novembro. Para toda a familia.
EXPOSICIÓN BOLECHAS GATIÑOS, GHATIÑAS, GATÍOS: xeitos de falarmos o galego. “Os Bolechas-Variedades Dialectais”, co apoio da Deputación Provincial.
Non é unha exposición ao uso, é unha mostra que a través do universo Bolechas convida, a través de xogos, a gozar, participar e aprender as diferentes variedades dialécticas de Galiza. Fomenta a participación e inmersión, é multisensorial, pedagóxica, divertida e colaborativa. Ten dende unha área inmersiva e multisensorial de luces, cores e sons ata unha zona de audicións e gran karaoke!
Data: do 5 ao 15 de novembro. Horario: de luns a venres de 10 a 13.30h e de 16h a 20h, sábados e domingos de 11h a 14h e de 17h a 21h Idade: Público Familiar. Lugar: praza do Seixo (carpa). Prezo: De balde.
A inauguración terá lugar o luns 5 de novembro ás 11.30 horas na Praza do Seixo (colocarase unha carpa).
Organiza Concello de Tomiño en colaboración coa Deputación Provincial.