28 Feb O desfile “Venres de Foliada” obrigará a restrinxir o tráfico e o estacionamento nalgunhas rúas do centro urbano A partir das 21.30h do venres procederase ao peche total do tráfico de vehículos, habilitándose diferentes desvíos
A celebración do desfile de Entroido “Venres de Foliada 2019” que terá lugar mañá, 1 de marzo, e dadas as obras da nova autovía que se están levando a cabo na actualidade, obriga ao Concello de Tomiño a practicar restricións de tráfico e estacionamento ao longo do percorrido do desfile.
Por estes motivos, a Policía Local de Tomiño comunica que queda prohibido o estacionamento, dende as 16.00h do venres, ata a 01.30h do sábado, nas seguintes rúas:
RÚA REPÚBLICA ARXENTINA
RÚA DA GUARDA
RÚA GONDOMAR
A partir das 21.30h procederase ao peche total do tráfico de vehículos polo centro urbano, debendo utilizar os condutores os desvíos habilitados.
Para máis información, pódese consultar a páxina Web do Concello de Tomiño (www.tomino.gal), ou chamar á Policía Local (986 622 006 ou 616 974 455).
A Policía Local de Tomiño agradece a colaboración da cidadanía e salienta a necesidade de respectar as normas para a boa consecución do desfile.
Mapas percorrido e desvíos previstos:
Entroido Tomiño 2019 PERCORRIDO COMPARSAS
Tráfico Entroido Tomiño 2019 DESVIOS ALTERNATIVOS