O Mercado Municipal acolle até finais de agosto a mostra colectiva “Unha de tres” Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati presentan collages e Emilio Cabeiras, serigrafías

Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra “Unha de tres”; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais.

Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de Artes e Oficios de Vigo, expón traballos de serigrafía artística.

A concelleira Cristina Martínez acompañou aos artistas na inauguración da mostra, celebrada o sábado pasado. Tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Campo.