A Aula CeMIT de Tomiño acolle unha charla sobre facturación e reclamación en telefonía móbil Xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste curso, 
que se celebrará o vindeiro luns 7 de outubro de 12.00 a 13.30 h

A Aula CeMIT de Tomiño acolle o vindeiro luns 7 de outubro unha charla sobre a relación da cidadanía coas empresas que ofrecen os servizos de telefonía e Internet organizada en colaboración coa Escola Galega de Consumo. Con esta actividade, que se celebrará de 12.00 a 13.30 h, búscase dar a coñecer a todas as persoas participantes os principais aspectos do consumo de telefonía móbil, unha información que pode axudar a resolver posibles problemas na factura de teléfono móbil.

Ao longo de hora e media, repasaranse os principais conceptos a ter en conta á hora de contratar un novo servizo, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes que ofertan, dende o tipo de tarifas ata cuestións como o compromiso de permanencia, a portabilidade ou o roaming.  Ademais, afondarase nos principais dereitos que amparan ás persoas usuarias en materia de consumo e analizaranse as vías de reclamación para facelos valer, as cuestións que xeran máis demandas e como facer  un uso responsable dende o punto de vista do consumo.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse:

  • Na páxinacemit.xunta.gal, para o que é necesario estar rexistrado como usuario da Rede CeMIT.
  • Enviando un correo electrónico con nome completo, data de nacemento, DNI e teléfono a tomino@xunta.galou a través da nosa páxina de Facebook Aula Cemit Tomiño.
  • Chamando ao 986 623 304 ou visitando a aula CeMIT situada no Campo da Feira todas as mañás de 09.15 a 13.45 h e martes e xoves pola tarde de 18.30 a 20.30 h.