A película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro, proxéctase mañá e pasado en aberto O filme, con varios premios e mencións, proponse como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade

O Servizo Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño, proxectará os días martes 21 de xullo, e mércores 22, a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro; un filme estreado en 2018, seleccionado e premiado en distintos festivais.

Trátase dunha actividade dirixida á poboación moza, da franxa de idade comprendida entre os 16 a 30 anos, consistente en visionado on line do documental,  e posterior faladoiro, tamén on line, coa intervención da directora.

O filme, de carácter documental, será proxectado mañá e pasado en aberto,  propoñéndose como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade.

Posteriormente, o xoves 23 ás 20.00 horas, celebrarase un faladoiro coa autora, Xiana do Teixeiro, no que se poderá compartir impresións, preguntar curiosidades e crear un espazo para a reflexión colectiva. O coloquio terá un límite de 25 persoas.

Tanto para o visionado do filme, coma para participar no faladoiro, é necesario inscribirse previamente. Para isto é preciso rexistrarse a través da web municipal, recibindo confirmación e indicacións para conectarse.

Formulario de inscrición

Tamén é posible facer unha pregunta ou reflexión enviando un correo electrónico ao enderezo andrea@rexenerando.com ou enviando texto ou nota de voz ao número de teléfono 698 157 414.

Estas actividades estás financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género.

FICHA TÉCNICA

TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO (Xiana do Teixeiro, 2018)

Gravada en: Lugo e Ourense

Xénero: Documental