O Alivio arranca este luns coa música e os contos de Migallas Teatro

O Alivio arranca este luns coa música e os contos de Migallas Teatro Estarán cos seus ‘Cantacontos’ ás 19.00 horas na Praza do Seixo. Actividade de balde con reserva previa chamando ao 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

Tomiño arranca este luns a súa programación especial do Alivio, que chega cunha semana cargada de música, maxia, contacontos ou teatro de balde e para toda a familia. A compañía Migallas Teatro será a encargada de dar o pistoletazo a estas actividades co seu ‘Cantacontos’, contos tradicionais e de creación propia que son arrequentados con cancións, música e sons que contribúen a espertar as emocións de todos os nenos e nenas que se acheguen.

María Campos e Carlos Yus crearán un espectáculo moi entretido para todo o público con diferentes contos como fío condutor, contos que tratan cuestións próximas a todos os nenos e nenas e que os convidan a participar dun xeito activo no seu desenlace. Unha hora de música e contos que deixará con ganas de máis.

O espectáculo celebrarase na Praza do Seixo ás 19.00 horas con todas as medidas de prevención necesarias para garantir a saúde de todos e todas. A actividade é de balde pero é necesario reservar entrada previamente chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.