04 Ago A axenda cultural de verán ofrece este sábado o concerto de Stormy Trucks O ciclo de cine para persoas adultas propón "Cuñados" e "María Solinha"
Tomiño continúa desenvolvendo a súa ampla axenda cultural de verán. Estes son os eventos programados para os vindeiros días. Aínda que todas as actividades son de balde, é necesario reservar praza.
Concerto de Stormy Trucks
Data: 7 de agosto
Horario: 22.30h
Idade: todos os públicos
Lugar: Praza do Seixo
Prezo: GRATIS
Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por grande parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música AGADIC, con conciertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera o Moon Music Club ou en festivales como Feito A Man de Santiago de Compostela. Os Stormy tocan rock’n’roll; puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos de este estilo, combinando temas propios con revisións dos clásicos. Neste 2021 están a presentar o seu disco, “Damn The Storm” (Struck By Lightning, 2020), unha verdadeira descarga de boa música e enerxía.
Cine para persoas adultas ‘Cuñados’
Data: 13 de agosto
Horario: 22.30h
Idade: a partir de 7 anos
Lugar: Praza do Seixo
Prezo: GRATIS
Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro por él. Porén, é Modesto quen urde un plan có que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estes tres cuñados teñen todo para fracasar, pero como diría Sabonis, malo será.
Cine para persoas adultas ‘María Solinha’
Data: 20 de agosto
Horario: 22.30h
Idade: A partir de 16 anos
Lugar: Praza do Seixo
Prezo: GRATIS
María Solinha foi acusada de bruxería no século XVII e condeada á fogueira. En época actual varios veciños e veciñas da vila ensaian unha representación teatral da súa historia. O paso do tempo non serviu para que cambien moito as cousas e a protagonista sofre ecos desagradables dos vividos daquela.
INSCRICIÓNS CHAMANDO AO 986622001 OU ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO A CULTURA@TOMINO.GAL