A Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda ofrece unha praza vacante de alumnado da FP DUAL en Limpeza Solicitan colaboración para atopar unha persoa con diversidade intelectual que poida beneficiarse desta oportunidade, pioneira en Galicia.

A Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda, a través do seu Centro Especial de Emprego San Jerónimo Emiliani, SL ten en marcha un proxecto de FORMACIÓN DUAL para persoas con diversidade intelectual, que permite formar, capacitar profesionalmente e ofrecer unha oportunidade laboral ao colectivo para o que traballan día a día.

Este proxecto de Formación Dual permite formar e capacitar profesionalmente a 10 persoas con diversidade intelectual (grao igual ou superior ao 33%), durante 3 anos para que poidan acadar, coas adaptacións curriculares oportunas, un Certificado de profesionalidad en “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”, á vez que desenvolven unha actividade profesional remunerada, cun contrato de formación e aprendizaxe no Centro Especial de Emprego, a xornada completa.

Neste momento teñen unha praza vacante de alumnado da FP DUAL en Limpeza, que precisan cubrir á maior brevidade.

Por este motivo, solicitan colaboración para atopar persoas (preferentemente da comarca do Baixo Miño) con diversidade intelectual que poidan beneficiarse desta grande oportunidade, pioneira en Galicia.

Para máis información e contacto:

San Xerome_FP DUAL_Presentación do proxecto para identificación participantes