![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2021/11/0001-Copyb.jpg)
18 Nov Tomiño celebra activamente a Semana e o Día da Infancia con diferentes actividades O auditorio de Goián acollerá maña un Pleno Infantil, no que participarán todos os coles e o IES. Será ás 11.00h. para tratar específicamente temas de Medio Ambiente
Esta semana celébrase a XI Semana coa Infancia, dende este luns e ata o domingo 21 de novembro. Con ese fin Tomiño asistíu este martes ao IX Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia- UNICEF.
![🧑](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t5e/1/16/1f9d1.png)
![👧](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t8d/1/16/1f467.png)
O obxectivo era fomentar a súa participación e recoller as súas achegas e suxestións en temas de medio ambiente e sostenibilidade. ![💦](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tc1/1/16/1f4a6.png)
![🌈](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t13/1/16/1f308.png)
![🌞](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t5f/1/16/1f31e.png)
![🌲](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tea/1/16/1f332.png)
![💦](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tc1/1/16/1f4a6.png)
![🌈](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t13/1/16/1f308.png)
![🌞](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t5f/1/16/1f31e.png)
![🌲](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tea/1/16/1f332.png)
Só en Galicia xa somos 10 as localidades recoñecidas como Cidades Amigas da Infancia por UNICEF (Tomiño desde o 2018).
Porque cada vez os gobernantes toman máis consciencia da importancia de contar coa opinión da infancia e da mocidade para crear políticas que dean solución ás diferentes dificultades ás que se enfrontan este colectivos, desde o consenso e a colaboración.
Até a Xunta tramita o Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente para protexer os dereitos da infancia e da adolescencia, e que estará conformado polos participantes nas comisións locais que pertenzan ao programa Cidades Amigas da Infancia (Castrelo de Miño, Teo, Cabanas, Carnota, Moeche, Redondela, Tomiño, O Porriño e Ourense e Ponteareas, máis os que se vaian sumando).
![📌](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tac/1/16/1f4cc.png)
E a fachada do Concello luce unha pancarta conmemorativa do Día da Infancia, que é o sábado 20.