18 Dec A OMIX de Tomiño organiza un concurso para coñecer a opinión que ten da entidade a mocidade da vila Os deseños ou frases poden enviarse ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico omix@tomino.gal
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade.Para iso, organiza un concurso co obxectivo de “plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo que é aOMIX de Tomiño”.
A frase ou deseño gañador será serigrafiado en bolsas de tea, e dentro haberá información e sorpresas que serán repartidas entre todo o alumnado do Instituto Antón Alonso Ríos de Tomiño.
As propostas pódense enviar ata o día 10 de xaneiro ao correo electrónico: omix@tomino.gal
A persoa gañadora poderá escoller entre tres agasallos diferentes: unha tablet lenovo tab m10hd con 2/32 e android; uns airpods de apple, ou un altavoz muse m1915dj party box troley.