Aberta a inscrición para os cursos de autodefensa feminista, cociña vegana e tempo libre organizados polo Concello de Tomiño Son tres das novas propostas desta tempada especialmente pensadas para a mocidade do municipio

Autodefensa feminista, iniciación á cociña vegana e monitor/a de tempo libre son tres das novas propostas da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño, dirixidas á mocidade.

As tres actividades formativas terán lugar en marzo deste ano e xa está aberto o prazo inscrición en www.tomino.gal. O “curso de autodefensa feminista”, concibido como unha acción para a protección contra a violencia de xénero, comezará o día 4 de marzo e rematará o 28 de maio, todos os venres, de 17.00 a 18.30h ou sábados de 10.30 a 12.00h. A idade mínima para participar é 12 anos e o prezo da actividade é de 10 euros.

O “Obradoiro de iniciación á cociña vegana sen glute” impartirase online co fin de aprender a elaborar comidas veganas sen glute con materias primas como tofu, tempeh, etc. obtendo ao final un receitario saudable e equilibrado. A data de inicio  é o 8 de marzo e a de remate o 29 do mesmo mes. As clases serán os martes de 18 a 19.30h, pudendo participar persoas a partires de  14 anos, e cun prezo de 15 euros.

Por último, o “Curso oficial de monitor/a de tempo libre” ten a finalidade de que persoas maiores de idade consigan a titulación homologada pola Xunta de Galicia e, deste xeito, poder traballar en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, concellos etc.

A data de inicio é o sábado 5 de marzo e a de remate o 10 de abril. Impartirase de modo presencial na Escola Obradoiro de Goián, os sábados e domingos  comprendidos entre o 5 de marzo e o 9 de abril, de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 20.30h. E de forma online os días 3, 4, 11, 18, 25 e 31 de marzo, e 1, 8 e 10 de abril.

A idade mínima para poder participar é 18 anos, e o nivel de estudos, graduado escolar, ESO ou equivalente. Prezo: 196€ por persoa se son cubertas todas as prazas. Duración: 350h das cales 150h son prácticas.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, explica que a programación da OMIX baséase nas preferencias dos propios mozos e mozas da vila, de forma de responder ás súas necesidades de formación e preparación para inserirse no mercado laboral.