![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2022/04/WhatsApp-Image-2022-04-25-at-1.33.42-PM1.jpeg)
25 Abr Alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilingüe de Tebra visitou hoxe a Casa do Concello Máis tarde, acompañados polas concelleiras de Educación e Medio Ambiente, visitaron tamén o Mercado Municipal, logo da súa completa remodelación
O alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilingüe de Tebra, visitou hoxe o Concello acompañado polas súas tutoras. Na Casa Consistorial foron recibidos por varios membros do goberno local, visitando o salón de plenos, a Alcaldía e demais dependencias.
![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2022/04/WhatsApp-Image-2022-04-25-at-1.51.56-PM-300x135.jpeg)
Máis tarde, acompañados polas concelleiras de Educación e Medio Ambiente, visitaron tamén o Mercado Municipal, logo da súa completa remodelación.
![](https://tomino.gal/wp-content/uploads/2022/04/1650880654000-crop-300x138.jpg)
Para a maioría do alumnado era a súa primeira visita institucional ao Concello, e a actividade constituía parte da unidade sobre os órganos de goberno que están a estudar estas semanas. Agasallóuselles con libros e folletos relacionados con Tomiño.
Quedou pendente unha entrevista á alcaldesa que, por razóns de traballo, atopábase esta mañá fora do Concello.