Tomiño acolle un taller práctico sobre intelixencia artificial para persoas autónomas, emprendedoras e pemes

Tomiño acolle un taller práctico sobre intelixencia artificial para persoas autónomas, emprendedoras e pemes

Será o vindeiro 11 de xuño ás 16.30 h de xeito presencial no Concello. É necesaria inscrición previa

Tomiño acolle un taller práctico para a introdución a ferramentas de intelixencia artificial organizado por AEMOS en colaboración do Concello tomiñés ao abeiro do programa Acelera pyme do Ministerio para a Transformación Dixital para construír un ecosistema de referencia da transformación dixital das pequenas e medianas empresas.

Trátase dun obradoiro presencial de dúas horas no que abordar dun xeito accesible os aspectos que persoas autónomas, emprendedoras e pemes deben coñecer para empregar de forma eficiente e axeitado a intelixencia artificial na contorna laboral, aproveitando todas as oportunidades que ofrece.

O curso impartirase o 11 de xuño de 16.30 a 18.30 horas na Casa do Concello da man de Joaquín González, responsable de proxectos e formación do grupo San Benito. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do formulario habilitado na web. As prazas son limitadas e por orde de rexistro.

Tomiño acolle un taller práctico sobre intelixencia artificial para persoas autónomas, emprendedoras e pemes