O Concello capta fondos da Deputación de Pontevedra para reforzar os servizos sociais en 2024

O Concello consegue fondos da Deputación de Pontevedra para reforzar os servizos sociais en 2024 As axudas suman un total de 87.057,14€ destinados a emerxencias sociais e ao cofinanciamento dos servizos comunitarios municipais

O Concello de Tomiño optou un ano máis ás subvencións da Deputación de Pontevedra dirixiros aos servizos sociais comunitarios, coas que se busca mellorar a atención e apoio aos veciños e veciñas que máis o precisan.

Para o ano 2024, o Concello contará cunha subvención de 13.300€ destinada a Axudas Básicas de Emerxencia, que permitirán proporcionar asistencia inmediata a aquelas persoas e familias que se atopen en situacións de urxencia e vulnerabilidade.

Ademais, dentro do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra, o Concello recibirá un total de 73.757,14€. Este importe distribúese en dúas áreas principais: 41.757,14€ serán empregados para gastos de persoal, garantindo así a continuidade e calidade do traballo realizado polos profesionais dos servizos sociais, e 32.000€ serán destinados ao financiamento do servizo de axuda no fogar, fundamental para apoiar ás persoas maiores e dependentes no seu día a día.

Estas subvencións reforzan o compromiso do Concello en seguir mellorando os recursos e servizos sociais dispoñibles para a comunidade, asegurando unha resposta rápida e eficaz ás necesidades da veciñanza.