O XXVII Encontro de Bandas de Música de Goián volve encher de son o Espazo Fortaleza Será o 19 de xullo coa Agrupación Musical de Goián como anfitrioa e coa Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia como convidada

O XXVII Encontro de Bandas de Música de Goián volve encher de son o Espazo Fortaleza

O Espazo Fortaleza de Goián prepárase para ser escenario do XXVII Encontro de Bandas de Música de Goián. Será este venres 19 de xullo ás 21.00 horas, unha xornada na que as persoas asistentes poderán desfrutar do solpor amenizado con música ao aire libre nunha fermosa contorna á beira do río Miño.

O evento, que forma parte do programa Son&Serán do Concello, está deseñado para todos os públicos e será de balde, converténdose nunha oportunidade única para que veciñanza e visitantes poidan gozar da riqueza musical das bandas.

Nesta ocasión, a banda anfitrioa, a Agrupación Musical de Goián, recibirá como convidada á Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia para ofrecer un repertorio variado e emocionante.