O Concello continúa coa mellora dos camiños municipais Será a través dunha subvención de case 64.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

O Concello continúa coa mellora dos camiños municipaisTomiño continúa coas melloras progresivas nas diferentes estradas e camiños rurais municipais. O Concello ven de captar unha nova subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños rurais 2024-2025.

Os traballos contarán cun orzamento total de case 64.000 euros, preto de 31.000 para a anualidade de 2024 e outros 33.000 para o ano 2025. O investimento estará sufragado a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Xunta de Galicia a través da AGADER.

Este financiamento permitirá ao Concello seguir mellorando o mantemento dos centos de quilómetros de camiños rurais, unha iniciativa que suporá unha mellora importante para a calidade de vida da veciñanza.