A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN CELEBRA o sábado 24 O CONCERTO DE SANTA ICÍA A cita é ás 20.00 horas no Auditorio, coa participación da banda xuvenil, baixo a batuta de Pedro Villarroel González

O próximo sábado 24 de Novembro ás 20.00 h. celebrarase no Auditorio de Goián o tradicional concerto de Santa Icía, no que participarán a Agrupación Musical de Goián e a súa banda xuvenil baixo a batuta de Pedro Villarroel González.

    

Será unha actuación moi festiva, co recordo recente dos dous premios obtidos en Santiago no XII Certame Galego de Bandas de Música. A banda de Goián volverá interpretar, entre outras, “Beltane” do compositor Andrés Álvarez, coa que realizou a “mellor interpretación dunha obra de temática galega” no Certame.

A festa continuará despois do concerto coa tradicional cea de Santa Icía nun restaurante, na que haberá xogos, bailes, humor, algunha sorpresa e moita música.