A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN CELEBRA O SEU XX ANIVERSARIO Organizan unha xornada de convivencia, este domingo a partir das 13.00h. na Alameda de Goián, con xogos e actividades para os máis pequenos

En xuño de 1998 presentábase oficialmente a banda de Goián na Praza da parroquia. Este mes cómprense 20 anos e van celebralo cunha XORNADA DE CONVIVENCIA con todas as persoas que o desexen; en especial, con aquelas que estiveron nalgún momento na banda ou na escola de música.

O evento vaise celebrar o domingo 24 a partir das 13.00h. na Alameda de Goián. Haberá xogos e actividades para os máis pequenos. Tamén unha churrascada, na que é preciso anotarse previamente chamando ao número de teléfono 626 799 623. O prezo é de 5€ por persoa, e gratis para nenas e nenos de ata 6 anos.

Esta xornada festiva rematará cun pequeno concerto na Praza de Goián, no que actuarán as tres bandas (infantil, xuvenil e senior) acompañadas dalgúns dos antigos músicos que pasaron pola Agrupación Musical.