A AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN, EN CONCERTO ESTE DOMINGO ACOMPAÑADA DOS CHAVELLOS DE MOS SERÁ O DOMINGO, ÁS 21 HORAS, NA PRAZA DO SEIXO, E CONTARÁ CON ARTISTAS CONVIDADOS MOI ESPECIAIS

O agardado concerto de verán da Agrupación Musical de Goián será este domingo, 20 de agosto, ás 21 horas na Praza do Seixo. Como ven sendo habitual nos últimos anos, o concerto contará coa presenza de artistas convidados. Este ano, serán os Chavellos de Mos quen compartirán escenario coa agrupación goianesa.

Os Chavellos son unha grupo de música tradicional de Mos que reúne a grandes músicos procedentes de diferentes estilos, dirixidos polo compositor e arranxista de renome internacional Juan Eiras. Estarán presentando algunhas cancións do disco que lanzaron a comezos deste ano, baixo o título “Segunda-Feira”.

Ademais dos Chavellos, haberá máis artistas convidados neste concerto. Serán Vitor Soto, un dos zanfonistas galegos máis representativos, e Tonhito de Poi, ben coñecido por ser integrante de Herdeiros da Crus. Ademais, o concerto contará coa colaboración especial da Treboada do Baixo Miño.

O concerto de verán da Agrupación Musical de Goián é unha das citas musicais máis agardadas do ano en Tomiño, que cada ano enche a praza do Seixo ofrecendo un magnífico programa e acompañados polos mellores artistas e agrupacións do panorama musical galego. A entrada é de balde e está aberto a todos os públicos.