A Agrupación Musical de Goián pon o broche de ouro ao seu 25 aniversario co tradicional concerto de Nadal

A Agrupación Musical de Goián pon o broche de ouro ao seu 25 aniversario co tradicional concerto de Nadal A actuación, para todos os públicos, será este domingo 17 ás 19.00 horas no auditorio municipal con entrada de balde

A Agrupación Musical de Goián prepárase para poñer o broche de ouro ao ano do seu 25 aniversario con moita música e por todo o alto. Este domingo 17 de decembro as e os seus integrantes subiranse ao escenario do auditorio municipal de Goián para agasallar ao público co seu tradicional Concerto de Nadal, co que pechan a tempada de actuacións neste 2023.

Baixo a batuta de Pedro Villarroel, o concerto contará coa participación das bandas da Escola de Música, dende os máis pequenos e pequenas ata os maiores, ademais da Banda Infantil e da propia Agrupación Musical de Goián.

A alcaldesa convida a toda a veciñanza a asistir a este encontro no que a música será a gran protagonista e no que cada ano a Agrupación consegue sorprender e namorar ao público coa súa maxia sobre o escenario. A cita será ás 19.00 horas con entrada de balde.