05 Xuñ 2014 A Asociación de Comerciantes de Tomiño organiza cursos de internet para negocios e particulares
ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño) organiza diferentes cursos durante o mes de xuño. Algunhas das accións formativas programadas son as de “Internet para o negocio local” (17 de xuño), “Riscos de Internet para negocios e persoas” (19 de xuño) e “Curso de Manipulador de Alimentos” (26 de xuño).
Para inscribirse, as persoas interesadas, poden dirixirse ás oficinas de Adeto (Rúa Gondomar 40. Galerías Tomiño), chamar ao teléfono 986 098 902, ou ben enviar un correo electrónico a info@adeto.org