A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, presenta este venres, a campaña de sensibilización “Parte de ti” A cita será no Mercado de Tomiño e contará coa asistencia de 11 alcaldesas e alcaldes do Grupo de Desenvolvemento Rural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural presenta este venres, 2 de outubro, a súa campaña de sensibilización “Parte de ti”.
A cita será no Mercado de Tomiño e contará coa asistencia de 11 alcaldes alcaldesas do Grupo de Desenvolvemento Rural.

Este venres 2 de outubro ás 11.00 horas, representantes dos concellos que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, reuniranse no
Mercado Municipal de Tomiño, para dar a coñecer a campaña de concienciación “Parte de ti”, baseada nas historias dos produtores e produtoras do rural.

Forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural, os concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar. A presentación será dirixida pola alcaldesa de Tomiño  e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural e contará coa participación dun dos produtores, José Manuel Fernández, que falará do pan do Porriño. Acudirán á presentación:

Emiliano Lage – Alcalde Fornelos de Montes
Andrés Iglesias – Alcalde Pazos de Borbén
Daniel Boullosa – Concelleiro de Redondela
David Alonso Bargiela – Concelleiro de O Porriño
Enrique Cabaleiro – Alcalde de Tui
Ánxela Fernández Callís – Alcaldesa de O Rosal
Antonio Lomba – Alcalde de A Guarda
Cristina Correa – Alcaldesa de Oia
Carlos Gómez Prado – Alcalde de Baiona
Paco Ferreira – Alcalde de Gondomar
Juan González – Alcalde de Nigrán
Un/unha representante do Concello de Mos

Lugar: Mercado de Tomiño. Pz. do Seixo, s/n
Data: venres 2 de outubro do 2020, ás 11.00 horas
Máis información: comunicacionpartedeti@eurural.org