A ASOCIACIÓN “VÉSPERA DE NADA” PRESENTA ESTE SÁBADO A “GUÍA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO”

A cita será no pavillón multiusos da parroquia de Sobrada a partir das sete da tarde.

Cartel sen petroleoA “Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo”, presentará o vindeiro sábado, 5 de abril, no pavillón multiusos de Sobrada, a partir das 19.00, a Guía para o descenso enerxético, editada coa colaboración dos Concellos de Tomiño, Teo e Rianxo.

A publicación é o resultado dunha campaña de crowfunding, na que participaron numerosas persoas e entidades que fixeron achegas especialmente destacadas.

A Guía para o descenso enerxético é un proxecto da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo; nada coa intención de “tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto de escaseza enerxética permanente que xa comezou”.

O obxectivo dos asociados é concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da extracción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que existen a nivel individual e como país.
Máis información sobre o contido da publicación e asociación: http://galiza.pospetroleo.com/2014/03/07/presentamos-a-guia-en-pontevedra-sementando-a-revolucion-pospetroleo/