24 Xuñ A Aula CeMit de Tomiño imparte este verán cursos de balde para mozas e mozos de entre 8 e 15 anos Ademais, volven os obradoiros Steam da man do aliado dixital Agasol e no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega
Este verán a Aula ceMit de Tomiño impartirá cursos de balde para estudantes de entre 8 e 15 anos, que poderán escoller entre retoque fotográfico e uso do procesador de texto, ámbolos dous de acceso gratuíto.
Por outra banda, durante este verán volven os obradoiros Steam de balde para a rapazada de 8 a 15 anos da man do aliado dixital Agasol e no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega. Os contidos formativos serán os que siguen:
Tarxeta micro: bit para aprender a programar de xeito fácil e divertido.
Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial.
Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar e practicar nunha contorna real a programación con Scratch.
Circuítos en papel: circuíto eléctrico que ten como obxectivo facer brillar un LED nun papel ou tela, tamén poderanse incluír diferentes sensores e actuadores e facer cómics, postales pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva…
Pola súa parte, o monitorado de Agasol encargarase de adaptar os contidos ás características de cada grupo, introducindo conceptos como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o seu uso creativo, o traballo en equipo ou a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.
No caso da aula de Tomiño, as datas e horarios serán os seguintes:
De 8 a 11 anos, o 6 de xullo de 10:30 a 13:30
De 12 a 15 anos, o 7 de xullo de 10:30 a 13:30
Inscricións e información no 986623303, cemit.tomino@xunta.gal ou na aula do Campo da Feira no Seixo.