13 Xul 2017 A Aula-Museo Antonio Fernández “fala” de Historia da Arte, os venres de xullo e agosto O programa inclúe ademais visitas a cinco artistas da zona. Todas as actividades son de balde
A Aula Pintor Antonio Fernández, de Goián, imparte unha ampla serie de actividades de verán gratuitas e relacionadas todas elas coas artes.
Todos os venres de xullo e agosto pola mañá (de 10.30 a 11.30 horas), impartirá clases de Historia da Arte facendo un percorrido polas distintas épocas e movementos comprendidos entre a Prehistoria e a Idade Contemporánea. O programa inclúe, ademais, visitas aos obradoiros de cinco artistas da zona. Todas as actividades son de balde e algunhas requiren inscripción previa.
Actividades para adultos
Historia da Arte (Os venres de 10:30 a 11:30h)
- Introducción a Historia da Arte. Concepto e Evolución. A Prehistoria
- A Arte en Exipto e Mesopotamia
- Arte Grega e Romana
- A Arte na Idade Media
- A Arte do Renacemento
- Arte Barroca e Rococó
- O Neoclacisismo
- A Arte na Idade Contemporánea
Actividades para todas as idades
Ruta Artes&Oficios (Os xoves ás 20:00h)
- Pintura – Eulalia Jackson (6 de xullo)
- Cerámica – Leandro (20 de xuño)
- Escultura – Magín Picallo (3 de agosto)
- Fundición Arte Bronce e Galría de Arte a+b (17 de agosto)
- Escultura – Carlos Fernández (31 de agosto)
Importante: Os/as menores de 15 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable