A Cabalgata de Reis 2014 convocou a centos de familias de Tomiño

Concello Tomiño Reis 2014 b Concello Tomiño Reis 2014 e
O desfile saíu ás catro e media da tarde cara á Praza do Seixo

A Cabalgata de Reis 2014, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño coa colaboración da Deputación de Pontevedra, saíu dende o Campo do Alivio, o día 5 de xaneiro ás catro e media da tarde. Despois de percorrer as rúas céntricas, a comitiva Real, chegou á Praza do Seixo, onde as Súas Maxestades recibiron as últimas cartas de nenos e nenas de Tomiño, e houbo sorteo de agasallos.

escudo con texto logo Deputación jpg

 

Concello Tomiño Reis 2014 c Concello Tomiño Reis 2014 d

Bases Desfile 2014

1ª.-O obxectivo destas bases é regular a participación das entidades/asociacións sen ánimo de lucro, a través de carrozas, na Cabalgata de Reis que organiza o Concello de Tomiño.

 

2ª.- O prazo de inscrición para participar no desfile será do 9 ata o 13 de decembro do 2013. A inscrición formalizarase no Rexistro do Concello e irá acompañada dunha descrición do deseño da carroza.

 

3ª.- Soamente se admitirá un máximo de 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas neste Concello e conforme a orde de solicitude.

 

4ª.- O desfile será o día 5 de Xaneiro. A saída será ás 16:30 horas dende O Alivio polo percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellería.

 

5ª.- As solicitudes serán segundo o modelo establecido pola Concellería.

 

6ª.- O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes temas: reis magos, carteiros reais e paxes .

 

7ª.- Cada proposta co seu correspondente deseño, que sexa admitida, terá dereito ao “PREMIO DE PARTICIPACIÓN”, por un importe de 1.000,00 €. No caso de que se suspenda a Cabalgata o premio quedará reducido a 200,00 € para cada unha das inscricións admitidas.

 

8ª.- O feito da presentación da documentación esixida nesta Convocatoria implica a aceptación, na súa totalidade, das presentes Bases; se ben a Concellería de Educación e Cultura do Concello de Tomiño resérvase a facultade de interpretalas en caso de dúbida.

 

Tomiño, a 25 de Novembro 2013

 

Asdo. Dona Cristina Martínez Souto

Concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade